Amosando publicacións coa etiqueta ¡Portada!. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ¡Portada!. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

Aviso!

Ola ola!!!!
Quería informarvos de que estou recibindo todos os vosos correos con fotos e vídeos!!!
Non dou abasto para contestarvos un por un; se non vos digo o contrario recibín todo correctamente. Así quedades tranquilos sen desesperar por unha resposta  miña. 

Un biquiño a todos e todas!!!

luns, 4 de maio de 2020

Tarefas

Ola ola!!
Quero especificar que os retos que propuxen antes de semana santa non son obrigatorios e non puntuan para ningunha avaliación. 
Se me mandades por correo electrónico videos ou fotos deses retos, seguirei colgandoos; pero é  moito máis importante que fagades as tarefas que vos irei poñendo no voso curso.
Un biquiño ben grande para todos e todas!
Irene

Instruccións formulario de google

Ola a todos, 

tal que como explico na publicación, una vez cuberto todo o formulario e cando lle deades a "enviar" a tarefa xa se entrega soa. Salirá unha mensaxe que pon: 

"Moi ben!! Un biquiño!" 

Se vos saiu esa mensaxe, enviuose correctamente o formulario e polo tanto me chegou. Ese proceso e automático e sen erros e polo tanto todos os formularios me chegan, non vos preocupedes.

Por favor, non fagades máis de un formulario. Só vou correxir e avaliar o primeiro que vexa de cada alumno/a.

Poñerei outros formularios máis adiante, funcionaran igual que este.

Un biquiño a todos.

venres, 24 de abril de 2020

Benvid@s ao terceiro trimestre de EF!!!

Bitmoji ImageOla meus petardillos e petardillas!!!

Aínda que non o parece, xa estamos no terceiro trimestre. Por iso debemos empezar a traballar en serio en todas as materias.

A partires de agora colgarei un traballiño semanal para cada curso e debo poñerlles nota (como sabedes que fago todos os días no pavillón). Poñerei as tarefas clasificadas según os cursos en pestanas diferentes. (como as que hai agora de "retos", "traballiños"...)
Non fará falta moito material, normalmente case ningún. En cada tarefa explicareivos qué debedes facer e cómo; canto tempo tedes para facelas e o xeito de entregarme o traballo ou de mostrarme que o fixechedes (foto ao correo electrónico....)

Non vos preocupedes, non serán nin largos nin difíciles. En educación física xogamos, pero tamén aprendemos moito; as tarefas que irei mandando son como as que facemos no pavillón; movéndonos menos para non tolear aos da casa pero igual de divertidas!!

Un biquiño ben grande a todos e todas!!

Bitmoji Image