Amosando publicacións coa etiqueta 3º e 4º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º e 4º. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2020

Canto sabes de Educación Física? 3º e 4º

Traballo só para os nenos e nenas de 3º e 4º!!!! 


O seguinte traballo que vos mando é de pensar, pero só un pouquiño!! Prometoo!!
Debedes contestar unhas preguntiñas sobre as últimas publicacións que puxen no blog. Esas publicacións son sobre as cousas que aprendemos en educación física por que falamos delas ou volas explico eu.
Deixovos tres xeitos de facelo:

1. Formulario interactivo



Pinchade na imaxe e poderedes facer a tarefa dun xeito fácil e divertido!! Tedes todo o tempo do mundo para facela, lendo con calma e consultando o blog. Cando lle deades a "enviar" a tarefa xa se entrega soa. Salirá unha mensaxe que pon: "Xenial!!! Xa está a tarefa acabada e entregada!!! Un biquiño!"  Só se pode facela unha vez!!

2. PDF para imprimir
pdf
Pinchade na imaxe e poderedes imprimir un arquivo para cubrir. Despois, podedes mandarme unha foto do traballo ao meu correo (está o enderezo na marxe dereita do blog)

3. Word para cubrir
word
Pinchade na imaxe e poderedes descargar o word para cubrir. Despois podedes enviarmo por correo electrónico como documento adxunto ou facer unha foto e mandarma ao meu correo (está o enderezo na marxe dereita do blog)

Nas vindeiras semanas colgarei asa respostas para que aqueles/as que fagades a tarefa por pdf ou word vos poidades autocorregir como o fixeron automáticamente os/as que o fixeron con google forms.

Se tedes algunha dúbida preguntademe sen problemas por correo electrónico ou comentade nesta entrada (xusto aqui debaixo)


Un biquiño enorme!!

sábado, 9 de maio de 2020

Mantente en forma!!

Esta tarefa é aínda máis sinxela que a anterior!!! 
Deixovos aquí unhas ideas para facer o voso paseo diario un pouco máis divertido. Vale para todos porque podedes adaptalos ao voso gusto e a donde vivades. 
O único que tedes que facer é mandarme ao meu correo electrónico unha foto ou un video dun minuto como moito mostrándome o que fixestedes.
Ante todo, recordade seguir as recomendacións de saúde e facer caso ao adulto que vai contigo!!!

luns, 4 de maio de 2020

Instruccións formulario de google

Ola a todos, 

tal que como explico na publicación, una vez cuberto todo o formulario e cando lle deades a "enviar" a tarefa xa se entrega soa. Salirá unha mensaxe que pon: 

"Moi ben!! Un biquiño!" 

Se vos saiu esa mensaxe, enviuose correctamente o formulario e polo tanto me chegou. Ese proceso e automático e sen erros e polo tanto todos os formularios me chegan, non vos preocupedes.

Por favor, non fagades máis de un formulario. Só vou correxir e avaliar o primeiro que vexa de cada alumno/a.

Poñerei outros formularios máis adiante, funcionaran igual que este.

Un biquiño a todos.

luns, 27 de abril de 2020

Inventa o teu xogo de educación física!!!


O primeiro traballo que vos vou mandar é de pensar, pero só un pouquiño!! Prometoo!!
Tedes que inventar un xogo para facer no pavillón cando volvamos!! 
Deixovos tres xeitos de facelo:

1. Formulario interactivo

 formulario xogo

Pinchade na imaxe e poderedes facer a tarefa dun xeito fácil e divertido!! Cando lle deades a "enviar" a tarefa xa se entrega soa. Salirá unha mensaxe que pon: "Moi ben!! Un biquiño!" Só se pode facer unha vez!!

2. PDF para imprimir
 pdf
Pinchade na imaxe e poderedes imprimir un arquivo para cubrir e inventar o voso xogo. Despois, podedes mandarme unha foto do traballo ao meu correo (está o enderezo na imaxe dereita)

3. Word para cubrir
 word
Pinchade na imaxe e poderedes descargar o word para cubrir e inventar o voso xogo. Despois podedes enviarmo por correo electrónico como documento adxunto ou facer unha foto e mandarma de igual modo.

Se tedes algunha dúbida preguntademe sen problemas por correo electrónico ou comentade nesta entrada (xusto aqui debaixo)

Estou desexando ver qué inventades!!!! 
Un biquiño enorme!!


venres, 24 de abril de 2020

Traballos para terceiro e cuarto

Nesta pestana irei poñendo os traballos para terceiro e cuarto.
Estade atentos e atentas!!!