Amosando publicacións coa etiqueta Retos de andar por casa!. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Retos de andar por casa!. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de maio de 2020

Tarefas

Ola ola!!
Quero especificar que os retos que propuxen antes de semana santa non son obrigatorios e non puntuan para ningunha avaliación. 
Se me mandades por correo electrónico videos ou fotos deses retos, seguirei colgandoos; pero é  moito máis importante que fagades as tarefas que vos irei poñendo no voso curso.
Un biquiño ben grande para todos e todas!
Irene

venres, 3 de abril de 2020

Deportes adaptados


Bitmoji Image
Ola ola!!!
Último reto ata despois de semana santa!!
Este a min me parece o máis divertido de todos!!
Vouvos retar a pensar adaptacións aos deportes que se vos acurra para podelos facer en casa co que teñamos por ahí!!!
Deixovos aquí a miña versión caseira de mini golf!!
Lmao





Mandádeme fotos, debuxos, videos... todo o que se vos ocurra para ensinarnos os uns aos otros os deportes que pensedes e poder entreternos todos xugando a eles estes dias na casa!!!

Un biquiño para tod@s!!!

Modifiquei a privacidade do vídeo, a ver se agora se o podedes ver. Se non, avisademe, porfa. Gracias polo aviso!!

sábado, 28 de marzo de 2020

A oca de EF!!


Quen coñece o xoga da oca?!! 
Aqui tedes unha versión de educación física con actividades que se poden facer na casa!!
Clicando na imaxe, podedes ver o docmento enteiro, descargalo para imprimir ou xogar na pantalla. 
Idea orixinal do xogo de https://claudiojiga.wixsite.com/edufis


Se non tedes un dado, tedes dúas opcións:
  1. Facer un con  papel (descargade o arquivo clicando na imaxe)
      2. Usar o seguinte dado virtual: https://dado.online/ 



mércores, 25 de marzo de 2020

A bailarrrrr!!!

A quen lle gusta bailar??
Bitmoji Image doing a breakdance move called the freeze with boombox in background

Deixovos aquí o enlace a videos de Just Dance para idades entre 0-99 anos aptos para todos!! Haber, hai moitos máis, seguro que se buscades atopades a coreo da vosa canción favorita. 
Só vos vou dar unha pequena norma: non vale bailar so/soa!!!
Se bailades, facedevos un video de espaldas e mandádemo se queredes!!!

A sirenita
 

Aladín

I gottta feeling

Waka waka

La Macarena
 

Vaiana

Froozen

Mary Poppins

Piratas

Baby Shark

Happy, Pharrell Williams
Can't stop this feeling, Justin Timberlake BSO Trolls




luns, 23 de marzo de 2020

Facemos Yoga?!


Bitmoji Image




Ola ola!!!
Como vai ese corpo? O meu algo atascado de non moverme!!
Que vos parece se facemos un pouco de Yoga para movernos pero non tolear moito aos veciños?!!
Se practicades, facedevos un video de espaldas e mandádemo se queredes!!!
Aquí tedes o enlace a dous canales de youtuve con Yoga para nen@s:

Da canle cosmic kids  (clicade no nome para velo) paseino pipa co exercicio dos Trolls!!! Está en inglés, pero seguro que as Teachers poñeranse moi contentas!!

E no canle "Smile and Learn para España" cos 8 videos de Yoga para nenos e as posturas dos animais.

Un biquiño para todos e todas!!
Bitmoji ImageIrene



sábado, 21 de marzo de 2020

Decorar o pavillón

Propóñovos un reto para decorar o pavillón cando volvamos!!!

Na imaxe de abaixo tedes o enlace para descargarvos o libro "De niñas a leyendas: 25 mujeres deportistas que han hecho historia."

Rétovos a escoller unha, ler sobre ela, buscar máis información e facer un poster ben chulo!! Se non podedes imprimir fotos, non tedes cartunias... non importa!!! Debuxade, inventade!! Todos/as tedes un/ha artista dentro!!

Se coñecedes máis mulleres deportistas a parte das do libro... adiante!!

E se estades moi orgullosos/as do voso traballo e non podedes esperar á volta, mandádeme unha foto e a colgarei aquí!!!

Un biquiño e moito ánimo!!
💙💙
Irene



xoves, 19 de marzo de 2020

Comecocos


Primeiro reto de para pasar un bo rato na casa!! 

Seguro que os maiores recordan ter xogado cando eran peques coma vos!!!

Esta vez, como non pode ser de outro modo dende o blogue de educación física, vamos facer unha versión con provas e xogos motrices.

Paso 1: facer o comecocos. No enlace tedes un video có paso a paso. 


Paso 2: Escribir os retos dentro, debaixo de cada número.
No noso caso, vamos poñer estes retos:
  • Pedra, papel e tiseiras.
  • Loita de pulgares.
  • Mímica: pensade obxectos, animais, sentimentos, palabras... e representadeas sen falar para que o resto as adiviñen.
  • En parella, inventa 5 saúdos distintos usando as mans e o corpo.
  • Mide a túa habitación en pes. Vixía co equilibrio!!!
  • Encesta pelotiñas de papel nunha papeleira.
  • Inventa 2 probas máis para completar o comecocos.

Paso 3: A xogar!!!