Amosando publicacións coa etiqueta Cousiñas de EF. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cousiñas de EF. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2020

Os deportes

Normalmente a partires de 3º de primaria usamos os deportes en educación física como ferramenta o modo de apender todo o que debemos aprender nesta materia:
  • Moitos movementos, habilidades e capacidades.
  • Controlar o noso corpo e que faga o que nos queremos que faga.
  • Mellorar a nosa forma física.
  • Relacionarnos cos demáis.
  • Valores como a cooperación, o esforzo...
Pero, sabedes explicar qué son os deportes e diferencias entre eles? 
Déxovos aquí unha pequena explicación para aprender un pouquiño máis.
 
 Infografía creada por Inma Martín Prieto

Pirámide dos alimentos

Vamos a confesarnos: A quen lle gusta comer gominolas? Ou chocolate, xeados,galletas, pizza?

A todos/as, non? Pero vamos a ser sinceros: non son sans; non para comelos a diario. Para ter un corpo san debemos comer adecuadamente.
Na imaxe de debaixo tedes todos os alimentos por grupos e cantas veces deberíamos comelos ao dia ou á semana. 
Quen o fai máis ou menos ben? 
Vaaaaleeee, admitoo! De vez en cando como chocolate de maís...
Bitmoji Image
 


Hábitos saudables

O noso corpo e é unha das poucas cousas que vamos ter para sempre e por iso debemos coidarnos o máximo posible. 
Como para todo, hai trucos e cousiñas que podemos facer todos para coidarnos, ter o corpo e a mente sans e medrar fortes e guap@s!!
Se clicades na imaxe, ampliarase e podedes ver este truquiños para aprendelos.

O importante é participar.

Vamos a facer memoria: qué é o que sempre digo que importa cando xogamos ou facemos partidiños? Eso que apunto na tablet todos os días en vez de quen gaña?
Exacto!!! Que o importante é mellorar, pasalo ben, aprender, axudarnos.... 
Todo iso forma parte da deportividade. Clicade na imaxe para vela máis grande.

Pirámide da actividade física


Un dos hábitos máis importantes e máis saudables para o coidado do corpo e da mente é facer actividade física. 
Digo actividade física porque non ten porque ser un deporte en concreto; pode ser pasear, xogar por fora, ir ao parque.... 
Mirade, mirade cantas hai e cuanto debemos practicarlas para que nos axuden a estar sans!
Clicade na imaxe para vela máis grande.





Canto de cansad@ estou?

Para os que non o saiban, os/as alumnos/as de 4º a 6º prácticamente a diario ao acabar cada clase de educación física responden a esta pregunta sobre se mesmos. 
Usamos as respostas para dúas cousas:
  • coñecerse a se mesmos: qué tipo de actividade lles cansa máis, ser conscientes da súa respiració, do latexo do seu corazón....
  • Eu para coñecelos a eles: Así, podo cambiar cousas das clases segundo se levan días acabando demasiado agotados ou pouco cansados. E así podo ir adaptando as sesións que teño pensadas ao seu estado e facer que se cansen o xusto enecesario para aprender pasandoo ben.
Ao principio costoulles un pouco, pero usando as preguntas das dúas imaxes de abaixo, aprenderon a observarse a se mesmos e a decirme como se notaban o corpo e como de cansad@s estaban.

Adultos das casas: vos seriades capaces de coñecervos así?? Ahi vos vai un pequeno reto para vos, aprender a responder esta pregunta tal como fon os vosos fillos e fillas!!!




Infografía creada por Irene Pérez Tello

domingo, 24 de maio de 2020

Como de content@ estou?

Para os que non o saiban, os/as alumnos/as de 4º a 6º prácticamente a diario ao acabar cada clase de educación física responden a esta pregunta sobre se mesmos. 
Usamos as respostas para coñecerse a se mesmos e eu para coñecelos a eles. Así, podo cambiar cousas das clases e intentar que sempre todos e todas as acaben moi moi moi contestos/as!!

Infografía creada por Irene Pérez Tello


Moito máis que xogar!!


                                                                                                Infografía creada por "La magía de la EF"

sábado, 28 de marzo de 2020

Xogos interactivos

Xogos interactivos sobre os contidos de educación física. 
Un pouco de todo para todos!!




mércores, 18 de marzo de 2020

Qué aprendemos en educación física??

Xogando, xogando... podemos aprender moitas cousas!!! 

O currículum de educación física (o documento/papeis onde pon qué debedes aprender) está repartido en 6 bloques de contidos ou temas. (como en matemáticas que hai temas de operacións, de números, de geometría...)
Os seis bloques son os que tedes a continuación, facede click nos títulos e descubride o que esconden!!

Coñecemento do noso corpo

Habilidades motrices

Xogos

Expresión corporal

Coidado do nosa saúde

Civismo