xoves, 19 de marzo de 2020

Comecocos


Primeiro reto de para pasar un bo rato na casa!! 

Seguro que os maiores recordan ter xogado cando eran peques coma vos!!!

Esta vez, como non pode ser de outro modo dende o blogue de educación física, vamos facer unha versión con provas e xogos motrices.

Paso 1: facer o comecocos. No enlace tedes un video có paso a paso. 


Paso 2: Escribir os retos dentro, debaixo de cada número.
No noso caso, vamos poñer estes retos:
  • Pedra, papel e tiseiras.
  • Loita de pulgares.
  • Mímica: pensade obxectos, animais, sentimentos, palabras... e representadeas sen falar para que o resto as adiviñen.
  • En parella, inventa 5 saúdos distintos usando as mans e o corpo.
  • Mide a túa habitación en pes. Vixía co equilibrio!!!
  • Encesta pelotiñas de papel nunha papeleira.
  • Inventa 2 probas máis para completar o comecocos.

Paso 3: A xogar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario