venres, 5 de xuño de 2020

Canto sabes de Educación Física? 3º e 4º

Traballo só para os nenos e nenas de 3º e 4º!!!! 


O seguinte traballo que vos mando é de pensar, pero só un pouquiño!! Prometoo!!
Debedes contestar unhas preguntiñas sobre as últimas publicacións que puxen no blog. Esas publicacións son sobre as cousas que aprendemos en educación física por que falamos delas ou volas explico eu.
Deixovos tres xeitos de facelo:

1. Formulario interactivo



Pinchade na imaxe e poderedes facer a tarefa dun xeito fácil e divertido!! Tedes todo o tempo do mundo para facela, lendo con calma e consultando o blog. Cando lle deades a "enviar" a tarefa xa se entrega soa. Salirá unha mensaxe que pon: "Xenial!!! Xa está a tarefa acabada e entregada!!! Un biquiño!"  Só se pode facela unha vez!!

2. PDF para imprimir
pdf
Pinchade na imaxe e poderedes imprimir un arquivo para cubrir. Despois, podedes mandarme unha foto do traballo ao meu correo (está o enderezo na marxe dereita do blog)

3. Word para cubrir
word
Pinchade na imaxe e poderedes descargar o word para cubrir. Despois podedes enviarmo por correo electrónico como documento adxunto ou facer unha foto e mandarma ao meu correo (está o enderezo na marxe dereita do blog)

Nas vindeiras semanas colgarei asa respostas para que aqueles/as que fagades a tarefa por pdf ou word vos poidades autocorregir como o fixeron automáticamente os/as que o fixeron con google forms.

Se tedes algunha dúbida preguntademe sen problemas por correo electrónico ou comentade nesta entrada (xusto aqui debaixo)


Un biquiño enorme!!

2 comentarios:

  1. Hola son Silvia de 3ºB ,en EF na pregunta 17 pon si e bon estar sentado lendo, vendo a TV ou xogando a videoxogos, dando como resposta correcta "non máis de duas horas á semana". Na explicación pon, non máis de dúas horas ao día.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tes toda a razón Silvia!! Moi ben visto!! Xa arranxei o meu erro. Graciñas mil por avisarme e un besote!!!

      Eliminar